SLIDER

miércoles, 29 de mayo de 2013

Un pequeno dinosauro con plumas para esclarecer a orixe das aves


Os pequenos dinosauros con plumas con características moi parecidas ás aves que dende hai un par de décadas foron desenterrados no nordés China están a cambiar algunhas das teorías dos paleontólogos sobre como e cando se produciu a transición entre ambos os dous.
Segundo suxire a súa investigación, durante o Xurásico Medio e Superior (hai entre 175 e 150 millóns de anos aproximadamente) produciuse unha temperá diversificación de aves primitivas en China.

O dinosauro, bautizado como 'Aurornis xui', mide 51 centímetros de lonxitude e foi desenterrado na provincia chinesa de Liaoning. Segundo sosteñen os científicos, trátase dun exemplar adulto que viviu durante o Jurásico. As súas características descríbense esta semana na revista 'Nature', nun estudo liderado por Pascal Godefroit, do Real Instituto de Ciencias Naturais de Bélxica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario