SLIDER

jueves, 2 de mayo de 2013

Biotecnoloxía: Unha vaca sen cornos


Un grupo de científicos británicos áchase inmerso nun ambicioso proceso de alteración xenética de vacas leiteiras para crear unha nova raza de gando sen cornamenta. O obxectivo radica en evitar a dolorosa e complexa práctica de queima de cornos á que se someten estes animais nas granxas.

Os investigadores inocularon unha secuencia de ADN doutras variedades de gando vacún nas células do touro Randy, pertencente a raza Holstein, coñecida pola súa alta produción de leite, co que se pretende crear unha variedade idéntica á xa existente pero previndo o crecemento do corno. 
Deste xeito, eliminaríase a necesidade de moitos gandeiros de queimar os brotes das hastas de tenreiros nun procedemento laborioso e excepcionalmente arduo para os animais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario