Toda grande idea ten o seu momento eureka, e o de Laurence Kemball-Cook aconteceu cando estaba aínda a estudar deseño industrial na Universidade de Loughborough. O seu paso por unha compañía eléctrica serviulle para familiarizarse coas limitacións da enerxía solar e eólica na iluminación urbana, e para comprender mellor os segredos da eficiencia.
Pero a lámpada acendéuselle un día do xeito máis prosaico, mentres consideraba o trasfego incesante da estación de metro londinense, Victoria.
E así, con 50 libras e un ordenador portátil, comezou en 2009 a odisea de Pavegen, á busca da baldosa intelixente, que se afunde apenas cinco milímetros, suficiente para xerar oito vatios de enerxía con cada pisada grazas ao uso de materiais piezoeléctricos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario