martes, 28 de mayo de 2013
Un español, inventor europeo do ano
O burgalés José Luis López Gómez foi recoñecido por votación popular por patentar un sistema que permite aos trens circular con máis seguridade e confort.
López Gómez inventou un novo método para conseguir que as rodas dos trens Talgo roden con máis seguridade sobre o rail, mantendo sempre a posición óptima, especialmente nas rexións montañosas.
O premio ao español corresponde a unha das cinco categorías en que se dividen estes premios, considerados como os "Óscar" da tecnoloxía. O enxeñeiro español, que pasou máis de catro décadas mellorando a tecnoloxía dos trens Talgo, foi recoñecido co galardón que concede o público a algún dos nominados cos seus votos a través de internet, unha categoría que se entrega este ano por primeira vez dende que se crearon estes premios en 2006 en favor do progreso social, económico e tecnolóxico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario