miércoles, 15 de mayo de 2013
Crean por vez primeira células nai embrionarias humanas a partir un doador
Científicos da Oregon Health & Science University e do Centro de Investigación Nacional de Primates de Oregon (ONPRC) lograron por vez primeira reprogramar con éxito células de pel humana para convertelas en células nai embrionarias capaces de transformarse en calquera outro tipo de célula no organismo. As células nai embrionarias obtidas poderían ser capaces de restaurar o dano causado por un lesión ou unha enfermidade e, dende hai tempo, considérase a terapia celular como un dos avances máis prometedores para o tratamento de enfermidades como a enfermidade de Párkinson, a esclerose múltiple, a enfermidade cardíaca e as lesións da medula espiñal.
Non hai dúbida ningunha de que o achado é un gran paso da clonación reprodutiva, pero, tamén de que é un tema moi controvertido. O logro reabrirá o debate ético sobre a posibilidade de que esta técnica se empregue para a clonación reprodutiva en humanos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario