Unha compañía vende en internet sementes modificadas de plantas que brillan na escuridade co obxectivo de substituír a electricidade tradicional.
O proxecto "Glowing Plant" practicamente explotou a través de toda a Web. A idea é que grazas á contribución daqueles interesados,Genome Compiler, compañía responsable desta iniciativa, teña a capacidade de crear e distribuír publicamente sementes de Arabidopsis thaliana co xene da luciferasa, de forma tal que a planta brille na escuridade.
Nun comezo, o proxecto necesitaba de 65.000 dólares para enviar as sementes a aqueles que acheguen 40 dólares ou máis, pero o diñeiro recadado está a punto de pulverizar a barreira dos 300.000 dólares. En caso de superar os 400.000 dólares, a compañía estenderá o desenvolvemento para ofrecer o mesmo, pero con rosas.
Pica AQUI para ler máis.
Pica AQUI para ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario