Encóntrase a máis de 2 km baixo a superficie de Ontario e permaneceu inalterada e sen contacto co exterior durante polo menos 1.500 millóns de anos.
Un equipo de investigadores de Gran Bretaña e Canadá acaba de facer público o descubrimento da auga máis antiga do mundo.
A auga, na que abundan os elementos químicos necesarios para a vida, dará novas pistas sobre como esta xurdiu no noso planeta, e posiblemente noutros. O traballo publícase hoxe en Nature.
Estas reservas de auga, din os investigadores, poderían mesmo conter algunha forma de vida, xa que teñen todos os elementos necesarios para iso. Pero non só iso. En efecto, as rochas que a manteñen atrapada son moi parecidas ás de Marte, o que reaviva as esperanzas de encontrar vida baixo a superficie do Planeta Vermello.

No hay comentarios:
Publicar un comentario