SLIDER

sábado, 10 de marzo de 2012

8 de Marzo, día Internacional da Muller



O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.

A primeira convocatoria tivo lugar en 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza estendéndose a súa conmemoración, dende entón, a numerosos países.
En 1977 a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.


Dende Marie Curie (1903) ata Elinor Ostrom (2009), levan sido máis de 40 mulleres as merecedoras dun Premio Nobel. No seguinte enlace (Pica Aquí) podes consultar a lista das gañadoras así como a súa contribución á humanidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario