Só uns meses despois de que o Atlantis fixese a súa última viaxe espacial, uns aficcionados en Alemaña construíron unha réplica con pezas de Lego e subírona colgada a un globo de helio ata a estratosfera.
O modelo a escala con pezas de Lego enganchárono a un globo de helio máis grande que unha persoa para que puidese soportar o peso de transportar, a cámara GoPro que usaron para gravalo todo e un GPS.
A maqueta de Lego voou ata os 35 quilómetros de altura dentro da estratosfera e moi preto do espazo, unha grande aventura espacial para un xoguete tan pequeno.
Podedes ver o ascenso do Transbordador "Lego" no seguinte vídeo. Impresionante.
Más vídeos en Antena3
No hay comentarios:
Publicar un comentario