SLIDER

sábado, 10 de marzo de 2012

A Cova dos Cristais: NAICA (México)

É mundialmente famosa, descuberta en 2000, nela encóntranse enormes cristais de selenita de ata 10 metros de lonxitude e un metro de ancho, que a converteron nun atractivo turístico. Foi descuberta accidentalmente cando se exploraban as minas en busca de minerais como chumbo principalmente. 

A cova dos cristais é única no mundo e a súa aparición é temporal xa que durante millóns de anos se formou con axuda de auga que temporalmente ten sido drenada por un sistema especial, e este deixará de funcionar cando se remate de explotar as minas, nese momento a cova dos cristais volverá ser cuberta pola auga e continuará co seu crecemento

Cabe mencionar que se encontra a 300 metros de profundidade aproximadamente e a unha temperatura moi elevada de 50°C e moita humedad, do 90%. Para a súa exploración foi necesario un grande esforzo tanto tecnolóxico coma persoal.

Vídeo da Cova


No hay comentarios:

Publicar un comentario