SLIDER

lunes, 5 de marzo de 2012

As Pragas

Os acrídidos (Acrididae), coñecidos popularmente como lagostas ou saltón, son unha familia de insectos ortópteros caracterizados pola súa gran facilidade para migrar dun sitio a outro e, en determinadas circunstancias, reproducirse moi rapidamente chegando a formar desvastadoras pragas capaces de rematar coa vexetación de grandes extensións de terreo.

Xeralmente non voan moito a pesar de que dispoñen de ás. Só cando se xuntan grandes grupos de individuos da mesma especie liberan as feromonas apropiadas para activar a conduta migratoria e un crecemento maior das ás e dese xeito poder dispersarse por outros territorios, evitando a competencia intraespecífica polo alimento.


No seguinte vídeo podemos observar a chegada dunha banda destes insectos, co correspondente arrase doscultivos que encontran no seu camiño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario