SLIDER

jueves, 1 de marzo de 2012

Cadeas Tróficas

É o proceso de transferencia de enerxía alimenticia a través dunha serie de organismos, no que cada un se alimenta do precedente e é alimento do seguinte.

Cada cadea iníciase cun vexetal, produtor ou organismo autótrofo ou sexa un organismo que "fabrica o seu propio alimento" sintetizando substancias orgánicas a partir de substancias inorgánicas que toma do aire e do chan, e enerxía solar (fotosíntese), ou mediante substancias e reaccións químicas (quimiosintesis).
Os demais integrantes da cadea denomínanse consumidores.

Aquel que se alimenta do produtor, será o consumidor primario, o que se alimenta deste último será o consumidor secundario que seria un carnívoro e un terciario que sería un omnívoro ou un supercarnivoro dalgunha forma. Son consumidores primarios, os herbívoros. Son consumidores secundarios os carnívoros, terciarios omnívoros e os cuaternarios necrófagos

Existe un último nivel na cadea alimentaria que corresponde aos descompoñedores ou degradadores. Son os Microorganismos. Estes actúan sobre os organismos mortos, degradan a materia orgánica. 

Posteriormente por acción do ambiente, os microorganismos transforman novamente os nutrientes en materia orgánica dispoñible para as raíces ou en substancias inorgánicas devolvéndoa ao chan (nitratos, nitritos, auga) e á atmosfera (dióxido de carbono). 

No seguinte vídeo explícannos estas relacións alimentarias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario