SLIDER

jueves, 29 de marzo de 2012

Fósil de Amonita



Fósil de Amonita, aportada polo alumno Alejandro Petím de 4º B de ESO.


As amonitas eran criaturas depredadoras parecidas ás luras que vivían no interior de cunchas con forma de espiral. Ao igual que outros cefalópodos, as amonitas tiñan fauces afiadas en forma de pico, situadas no interior dun anel de tentáculos que se estendía dende a cuncha para atrapar presas, como pequenos peixes e crustáceos.

As amonitas apareceron hai uns 240 millóns de anos, se ben eran descendentes duns cefalópodos de cuncha lineal chamados bactritis, cuxa existencia se remonta ao período devónico, hai uns 415 millóns de anos. As amonitas criaban en grandes números e formaban bancos. Hoxe en día encóntranse entre os fósiles máis abundantes. Extinguíronse á vez que os dinosauros, hai 65 millóns de anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario