SLIDER

sábado, 10 de marzo de 2012

Homúnculos Cerebrais, que Son?





O termo homúnculo (do latín homunculus, 'homiño') é o diminutivo do dobre dun humano e úsase frecuentemente para ilustrar o misterio dun proceso importante en alquimia. No sentido hermético é un actor primordial incognoscible, pode ser visto como unha entidade ou axente. O proceso para crear esta entidade é simbólico para os alquimistas.

O termo parece ter sido usado por primeira vez polo alquimista Paracelso, quen unha vez afirmou ter creado un homúnculo ao intentar encontrar a Pedra Filosofal. A criatura non tería medido máis de 30 centímetros de alto e facía o traballo normalmente asociado cos golems. Non obstante, tras pouco tempo, o homúnculo se volvía contra o seu creador e fuxía.

A receita para crealo consistía nunha bolsa de carbon, mercurio, fragmentos de pel ou pelo de calquera humano ou animal do que o homúnculo sería un híbrido. Todo isto había de enterrarse rodeado de esterco de cabalo durante corenta días, tempo no cal o embrión estaría formado no seo da Terra. 


Vídeo explicativo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario