SLIDER

domingo, 9 de noviembre de 2014

Encontran en Siberia a momia dun bisonte conxelado con máis de 9.000 anos


O bisonte da estepa (Bison priscus) é un dos grandes e carismáticos mamíferos que se extinguiron a finais da Idade de Xeo, é dicir, fai hai aproximadamente 11.000 anos.

Un destes animais foi descuberto por un equipo de investigadores liderado pola Academia Rusa de Ciencias en Moscú, que encontrou en Siberia Oriental un bisonte literalmente «conxelado no tempo». O descubrimento publicouse na revista Journal of Vertebrate Paleontology.

Os científicos realizaron unha necropsia aos restos encontrados para saber como vivía o animal, que morreu ao final da Idade de Xeo. A momia ten o cerebro completo, o corazón, os vasos sanguíneos e o aparato dixestivo, aínda que algúns órganos se reduciron de forma significativa co tempo.

Tiña unha anatomía relativamente normal, sen causa evidente da morte. Non obstante, a falta de graxa arredor do abdome do animal fai pensar os investigadores que puido morrer de fame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario