SLIDER

domingo, 16 de noviembre de 2014

Medio Ambiente: Bamboobee, construíndo a túa propia bicicleta de bambú



Bambobee é un kit que está a postular en Kickstarter que te permite fabricar a túa propia bicicleta de bambú de forma sinxela e rápida, un proxecto ecolóxico desenvolvido polo norteamericano Sunny Chuah, un enxeñeiro e aventureiro que chegou a percorrer 6.103 quilómetros por Asia central sobre unha bicicleta de bambú que el mesmo deseñara.
Ademais, Bamboobee saca o bricomaníaco que todos temos dentro. E dise que o bambú ten un efecto de amortecemento natural, sen deixar de ser relativamente forte e lixeiro. Hai dispoñibles dous modelos: a Revolution e a Sunny. O modelo Sunny pesa 9,5 kg, mentres que a Revolution está en 10,5 kg.
O kit está dispoñible a partir de 130 euros, e inclúe todos os tubos de bambú que conforman a estrutura da bicicleta, así como as ferramentas, materiais e instrucións necesarias para ensamblalos. Ademais, o bambú foi tratado para evitar a formación de gretas, cunha garantía de dez anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario