SLIDER

domingo, 9 de noviembre de 2014

Impulse Solar 2, a volta ao mundo sen escalas


Todo está preparado para a xesta. 
Cinco días, coas súas noites, de voo ininterrompido. Unha volta ao mundo sen escalas, e sen necesidade de repoñer nin unha soa vez. 
De feito. o Impulse Solar2 non necesita combustible. Abóndalle co Sol. O voo será o próximo mes de marzo, pero os seus impulsores quixeron mostrar estes días, en Xenebra, o estado do proxecto.
Durante o voo, o avión será pilotado por Bertrand Piccard, psiquiatra, enxeñeiro aeronáutico, explorador, fundador e presidente de Solar Impulse, e André Borschberg, enxeñeiro polo MIT, profesor de pilotos de avións e helicópteros, co-fundador e CEO da mencionada empresa.

A maior preocupación do equipo é, por suposto, a seguridade dos pilotos, que levarán a bordo un sofisticado sistema de monitorización para comprobar, constantemente, as súas constantes. 
O sistema detectará se existe algunha anomalía ou se excedeu algún límite; en cuxo caso fará saltar unha alarma. Ademais, André e Bertrand, que só poderán durmir catro horas diarias, aprenderon técnicas de hipnose e meditación para manter a concentración e o estado de alerta durante o voo.

Bertrand Piccard, presidente e piloto de Solar Impulse, de familia de exploradores e inventores, é a persoa que emprendeu o reto de deseñar e construír un avión capaz de dar unha volta ao mundo consumindo exclusivamente enerxía solar e, así, demostrar que é posible facelo usando unha fonte de enerxía alternativa. 
As orixes desta idea hai que buscalos en 1999, cando o piloto bateu o record de permanencia en voo e conseguiu completar a primeira volta ao mundo en globo aerostático sen escalas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario