SLIDER

domingo, 30 de noviembre de 2014

Confirmado: o ADN sobrevive no espazo

Unha serie de probetas con moléculas de ADN no seu interior, fixadas á capa exterior da sección de carga dun foguete, conseguiron sobrevivir no espazo e, o que é máis sorprendente, tamén á reentrada na atmosfera, unha manobra durante a cal a temperatura se dispara a causa da fricción co aire.

Pero os feitos son testans. Tras o lanzamento, o voo espacial, a reentrada na atmosfera terrestre e a posterior aterraxe, as moléculas de ADN seguían intactas, no mesmo lugar do foguete ao que foran fixadas. E non foi esa a única sorpresa: a inmensa maior parte das moléculas sobreviventes aínda eran capaces de transmitir información xenética a bacterias e células de diferentes tecidos.

"Este estudo -asegura Oliver Ulrich, do Instituto de Anatomía da Universidade de Zürich e director da investigación- achega probas experimentais de que a información xenética do ADN é esencialmente capaz de sobrevivir nas extremas condicións do espazo e a reentrada na densa atmosfera da Terra".


No hay comentarios:

Publicar un comentario