lunes, 3 de noviembre de 2014
Por que canto máis te rascas, máis pica?
Un equipo de investigadores da Escola Universitaria de Medicina deSan Luis (EUA) realizou un estudo que dá resposta a esta incógnita. A clave, segundo publica a revista Neuron, é a serotonina que se segrega cando nos resgamos a pel.
Esta substancia, un neurotransmisor que axuda a transmitir mensaxes unha e outra vez entre os nervios do corpo, é a responsable de que a clásica frase repetida por todas as nais de "canto máis te rasques, máis che picará" cobrase peso científico.
Os científicos bloquearon a produción de serotonina (obstruíndo o receptor 5 HT 1 A) dun grupo de ratos de laboratorio aos que se lles inxectara previamente unha substancia que provoca comechóns. Outro grupo de ratos foi asignado como grupo de control e non se lles bloqueou a produción de serotonina. Tras comparar as reaccións dos roedores descubriron que os que non producían serotonina se resgaban moito menos.
"Rascarse pode aliviar a comechón creando unha pequena dor na pel. O corpo responde á dor liberando serotonina, que aumenta a sensación de comechón. A serotonina está implicada no crecemento, o metabolismo óseo e na regulación do humor, e o seu bloqueo eliminaría a forma natural de controlar a dor", afirma a Sinc Zhou-Feng Chen, líder do estudo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario