SLIDER

lunes, 10 de noviembre de 2014

Fabiola Gianotti, a primeira muller que dirixirá o CERN



O Consello do CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas) elixiu á física italiana Fabiola Gianotti como a súa directora xeral, o que a converterá na primeira muller en dirixir a institución. O seu mandato comezará o 1 de xaneiro de 2016 e durará 5 anos.

"Fabiola Gianotti é unha elección excelente para ser a miña sucesora. Será un pracer traballar con ela durante 2015, ano de transición. E estou seguro que o CERN quedará en excelentes mans", dixo Rolf Heuer, o director xeral actual.

Gianotti foi a directora de ATLAS, un dos experimentos-detectores que axudaron a confirmar a existencia do bosón de Higgs, que confirma a teoría que explica a física tal e como a entendemos. Este descubrimento deu paso a que François Englert e Peter Higgs gañasen o premio Nobel en 2013.

O CERN foi fundado en 1954 e confórmano 21 Estados, aínda que nas súas instalacións traballan 2.530 científicos de máis dun centenar de países.

No hay comentarios:

Publicar un comentario