Será, sen dúbida, a maior e máis importante misión espacial que contemple a nosa xeración. Se todo marcha segundo o previsto, a nave europea Rosetta, deseñada e operada pola Axencia Espacial Europea (ESA), liberará un pequeno módulo -Philae- que levará a cabo a primeira aterraxe da historia sobre a superficie dun cometa. É unha manobra de alto risco que nunca se intentara antes.
A viaxe foi longo, e o desafío, enorme. A misión empezou a proxectarse hai máis de vinte anos, e hai dez, o 2 de marzo de 2004, foi lanzada ao espazo. Dende entón, a nave percorreu máis de 6.200 millóns de quilómetros ata alcanzar o seu destino, o pasado mes de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario