SLIDER

domingo, 30 de noviembre de 2014

O monstro negro do mar, filmado por primeira vez en California

Científicos do Instituto de Investigación do Acuario da Baía de Monterey (MBARI) filmaron a uns 600 metros de profundidade baixo as augas de California o que pode ser o primeiro vídeo dunha estraña especie de peixe sapo abisal, viva e no seu propio hábitat, cuxo aspecto lle valeu o nome de «monstro negro do mar». As imaxes do Melanocetus, de 9 cm de lonxitude, foron capturadas grazas ao vehículo robótico de control remoto Doc Ricketts. Só existen media ducia de gravacións anteriores de peixes sapos abisais, segundo explican os investigadores.

O equipo de MBARI deu co esquivo depredador de forma fortuíta cando traballaban co robot. Ten un aspecto tan terrorífico que parece sacado dun pesadelo. O punto brillante na punta da «cana de pescar» que sobresae da cabeza do peixe (vese claramente no vídeo) é en realidade un reclamo que brilla intensamente. Só téñeno as femias, que utilizan esa luz para atraer as súas presas, ás veces dun tamaño entre dous e tres veces maior, no seu hábitat profundo e escuro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario