domingo, 9 de noviembre de 2014
Mandas de tartarugas xigantes pasearon pola Gran Vía hai 15 millóns de anos
Investigadores españois e gregos analizaron os fondos das coleccións do Museo Nacional de Ciencias Naturais e descubriron que houbo un xénero de tartarugas terrestres ata agora descoñecido de ata dous metros de lonxitude chamado Titanochelon que habitou Europa ata hai dous millóns de anos e que se paseaban en mandas polo que na actualidade é a Gran Vía de Madrid.
«Non» se trata «dunha tartaruga calquera senón da maior que habitou en Europa, cun tamaño que podía exceder de xeito notorio ao das tartarugas terrestres que actualmente habitan nas Illas Galápagos», explica o investigador da UNED, Adán Pérez-García.
Este descubrimento é o resultado da análise dos fondos da colección de Paleontoloxía do museo pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas. Investigadores da UNED e da Aristotle University of Thessaloniki (Grecia) estudaron o material paleontolóxico encontrado durante o primeiro terzo do século XX en Madrid, que permanecía sen revisar no museo dende a Guerra Civil española.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario