SLIDER

jueves, 13 de noviembre de 2014

Rochas Haédicas. Os Zircóns


Nas últimas décadas do século XX os xeólogos identificaron algunhas rochas haédicas en Grelandia Occidental, o Noroeste do Canadá e Australia Occidental.

Os minerais máis antigos coñecidos son os cristais individuais de zircón depositados nos sedimentos do Oeste do Canadá e a rexión Jack Hills de Australia Occidental. Os zircóns máis antigos datados teñen 4.400 millóns de anos,moi preto da data estimada de formación da Terra.

A formación rochosa máis antiga coñecida, o cinto supracortical de Isua, está integrado polos sedimentos de Groenlandia datados en ao redor de 3.800 millóns de anos, algo alterados por diques volcánicos que penetraron nas rochas despois de ser depositadas.

Os sedimentos de Groenlandia inclúen formacións de ferro bandeado. Posiblemente conteñen carbono orgánico, o que indicaría que as primeiras moléculas auto-replicantes (hipótese do mundo de ARN) datan desta época e unha pequena probabilidade de que xa xurdise a fotosíntese. Os fósiles máis antigos coñecidos (de Australia) datan duns poucos centos de millóns de anos máis tarde
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario