viernes, 14 de noviembre de 2014
Risco de 'apagamento' no robot Philae
O robot Philae pasou xa as súas primeiras 24 horas no cometa 67P/Churyumov/Churyumov Gerasimenko, onde aterrou o mércores tras unha viaxe de dez anos a bordo da nave Rosetta e despois dun emocionante descenso de sete horas. O robot púxose mans á obra en canto chegou ao cometa, pero o lugar no que se encontra agora, que non é o que elixiran os investigadores, está a dificultar a súa misión científica porque non lle está a proporcionar luz abondo para recargar as súas baterías solares.
O robot, que se encontra «estable» e enviando «gran cantidade de fantásticos datos», segundo os responsables da misión, debería ter quedado ancorado no primeiro punto no que se pousou. Non obstante, ao non se despregar os arpóns que o tivesen suxeitado, deu varios saltos, de modo que foi desprazándose.
Segundo os datos solicitados polos instrumentos, pousouse en tres lugares distintos, ás 16:33, 18:26 e 18:33 horas respectivamente. Por iso, aínda que dende un punto de vista operativo está a funcionar axeitadamente, existe preocupación pola misión do robot a longo prazo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario