SLIDER

viernes, 21 de noviembre de 2014

Os dinosauros

Os dinosauros diverxiron dos seus devanceiros arcosauros durante o Triásico Medio e Superior, aproximadamente 20 millóns de anos despois do episodio de extinción Pérmico–Triásico que aniquilou o 95% de todas as especies de seres vivos. 
A datación radiométrica das formacións de rochas que conteñen fósiles do primeiro xénero de dinosauros, Eoraptor, é de 231,4 millóns de anos.
Os paleontólogos cren que Eoraptor lembra ao ancestro común a todos os dinosauros; se isto é certo, as súas características suxiren que o primeiro dinosauro era pequeno depredador bípede.
O descubrimento do primitivo grupo dos ornithodira, de tipo dinosauro, como Marasuchus e Lagerpeton en estratos do Triásico Medio de Arxentina apoia esta idea; as análises dos fósiles recollidos suxiren que estes animais eran, efectivamente, pequenos depredadores bípedes






No hay comentarios:

Publicar un comentario