SLIDER

jueves, 13 de noviembre de 2014

Como as aves sobreviviron á extinción que acabou cos dinosauros?


As aves puideron sobrevivir á extinción masiva que borrou os dinosauros (e a máis da metade das especies) do noso planeta, en parte, grazas á forma dos seus ovos, segundo un novo estudo.
Un equipo de investigadores analizou as propiedades xeométricas dos ovos dende hai 250 millóns de anos (a era Mesozoica) ata hoxe.
Antes da extinción masiva, acontecida hai 65 millóns de anos polo impacto dun asteroide na Terra, a casca dos ovos tiña diferenzas notables comparadas coa liñaxe que sobreviviu. Destes sobrevivientes descenden todas as aves modernas.
Non obstante, os autores do estudo recoñecen que a forma do ovo é "unha pequena peza" no crebacabezas da evolución, na que unha liñaxe de aves sobreviviu á extinción masiva, mentres que outros non.

Créese que o micropractor (FOTO SUPERIOR) é o vínculo evolutivo entre as aves e os dinosauros.
O estudo foi publicado na revista Royal Society journal Open Science.

No hay comentarios:

Publicar un comentario