SLIDER

martes, 25 de noviembre de 2014

Os raros diamantes chegados nun meteorito


Dende hai 50 anos, os científicos creron que os impactos de meteoritos e asteroides no noso planeta eran capaces de crear unha nova forma de diamante, o lonsdaleíta, tamén chamado diamante hexagonal. 
Foi achado por primeira vez en 1967 no cráter Canón do Demo en Arizona (EUA), formado polo gran meteorito do mesmo nome. Dende entón, o lonsdaleíta foi amplamente utilizado pola comunidade científica como un indicador de antigos impactos de asteroides na Terra, incluídos os vinculados á extincións en masa. Ademais, pensouse que ten propiedades mecánicas superiores ás do diamante ordinario, o que lle daba un alto potencial na industria.

«A maioría dos cristais teñen estruturas que se repiten regularmente, ao igual que os ladrillos nun muro ben construído», apunta o científico Peter Buseck, que tamén participou no estudo. Non obstante, poden acontecer interrupcións na regularidade, e estas son chamadas defectos. «Os defectos mestúranse coa estrutura normal dos diamantes, coma se a parede tivese medio ladrillo ou máis ladrillos ou unha fila de ladrillos que se despraza lixeiramente cara a un lado ou outro,».

O resultado é que o chamado lonsdaleíta ten a mesma forma cúbica regular do diamante, pero foi sometido a golpes ou presións que causaron defectos dentro da estrutura cristalina.

Pero defectuoso non quere dicir inútil. Aínda que son diamantes moi pequenos, case como area, o novo descubrimento suxire tamén que a complexidade estrutural observada nos diamantes do Canón do Demo podería ter propiedades mecánicas interesantes. Teñen unha dureza excepcional, máis que os que se utilizan en xoiaría, e polo tanto, grandes perspectivas como novo material para a industria

No hay comentarios:

Publicar un comentario