SLIDER

jueves, 9 de octubre de 2014

Nobel de Química para os «pais» do nanoscopio


A Real Academia das Ciencias Sueca entregou este mércores o máis prestixioso premio de Química aos estadounidenses Eric Betzig e William E. Moerner e ao alemán Stefan W. Hell polo desenvolvemento do nanoscopio, o microscopio fluorescente de alta resolución que, superando de sobra as limitacións dos instrumentos ópticos, permite ver os obxectos a unha escala nanométrica. Grazas ao seu traballo, as moléculas dentro de células vivas aparecen ante os ollos dos científicos, o que resulta fundamental á hora de estudar enfermidades como o alzheimer ou o parkinson. O máis diminuto non ten onde esconderse.

En 1873, o microscopista Ernst Abbe estipulou un límite físico para a resolución máxima da microscopía óptica tradicional: nunca podería chegar a ser mellor que 0,2 micrómetros. Moito tempo despois, no ano 2000, Hell, director de Química Biofísica no Instituto Max Planck, desenvolveu o primeiro método que revolucionaría este campo: amicroscopía de emisión estimulada (STED). Trátase dun sistema de dous raios láser, un estimula moléculas fluorescentes para que brillen e o outro anula a fluorescencia a excepción do volume de tamaño nanométrico. O escaneo, sobre a mostra, nanómetro a nanómetro, produce unha imaxe dunha resolución maior que o límite de Abbe.

Hoxe, a nanoscopía utilízase en todo o mundo e «produce diariamente un novo coñecemento para maior beneficio da humanidade», di o comité dos Nobel. Grazas a esta invención, os científicos poden ver, por exemplo, como as moléculas crean sinapse entre as células nerviosas do cerebro e poden rastrexar proteínas implicadas na enfermidade de Parkinson, a de Alzheimer ou a deHuntington.

No hay comentarios:

Publicar un comentario