SLIDER

sábado, 11 de octubre de 2014

Etiquetado dos alimentos

A etiquetaxe dos alimentos encóntrase actualmente regulado no noso país mediante o Real Decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios, e que incorpora as disposicións da lexislación comunitaria na materia. 
Esta norma, é de aplicación tanto para a etiquetaxe dos produtos alimenticios destinados ao consumidor final como a restaurantes, hospitais, cantinas e outras colectividades similares.

INFORMACIÓN OBRIGATORIA DA ETIQUETAXE
Salvo no caso das excepcións previstas na lexislación, as indicacións que con carácter obrigatorio deben aparecer na etiquetaxe dos alimentos son as seguintes:

A denominación de venda do produto.
A lista de ingredientes.
A cantidade de determinados ingredientes ou categoría de ingredientes.
O grao alcohólico nas bebidas cunha graduación superior en volume ao 1,2%.
A cantidade neta, para produtos envasados.
A data de duración mínima ou a data de caducidade.
As condicións especiais de conservación e de utilización.
O modo de emprego, cando a súa indicación sexa necesaria para facer un uso axeitado do produto alimenticio.
Identificación da empresa: o nome, a razón social ou a denominación do fabricante ou o envasador ou dun vendedor establecido dentro da Unión Europea e, en todo caso, o seu domicilio.
O lote.
O lugar de orixe ou procedencia, cando o produto proceda de países terceiros ou procedendo dun país comunitario a non indicación poida inducir a erro o consumidor.
As especialmente previstas para diversas categorías ou tipos de produtos alimenticios (recóllense no anexo V do Real Decreto 1334/1999).


No hay comentarios:

Publicar un comentario