A súa fabricación integramente mediante impresión 3D en metal e polímero; a súa compatibilidade parcial co estándar cubesat, coa intención de que poda ser inxectado en órbita utilizando o mesmo dispositivo que se emprega no caso dos cubesats, e un deseño que implica a extrema miniaturización de compoñentes mecánicos e electrónicos, fan do FemtoXat un satélite único no mundo.
Segundo informa o DUVI, no ano 2011 comezaba a tomar corpo o que será o terceiro satélite que a Universidade de Vigo enviará ao espazo, algo que está previsto que ocorra nunha órbita LEO de aproximadamente 600 quilómetros de altura, na segunda metade de 2015. “Nin en España, nin no mundo existe outro satélite como FemtoXat”, explica José Antonio Vilán, investigador principal do proxecto, coordinado por Fernando Aguado, responsable do agrupamento Aeroespacial da Universidade, que asegura que “hai algúns similares, pero non comparten o concepto de FemtoXat, que pretendemos que sexa lanzado utilizando a tecnoloxía que se emprega para os cubesats sen necesidade de cambiar absolutamente nada”.
“A importancia deste proxecto reside no alcance do mesmo, xa que se está a deseñar o 100% do satélite, o que significa que todo o que se desenvolva quedará como tecnoloxía propia das persoas que o fagan, podendo ser utilizada en futuras plataformas, aproveitada con propósitos educativos ou incluso licenciada ou comercializada”, explica o investigador principal do proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario