SLIDER

martes, 14 de octubre de 2014

Como converter o móbil nun detector de raios cósmicos


Dispón vostede dun móbil Android? 
Se é así, pode axudar aos Físicos a desentrañar a estraña natureza dos raios cósmicos, partículas de alta enerxía que bombardean continuamente a Terra e que proceden de máis alá do Sistema Solar. Como facelo? Instalando unha app desenvolvida polo Wisconsin IceCube Particle Astrophysics Center(WIPAC), un dos laboratorios máis avanzados do mundo na detección de raios cósmicos.

O proxecto, chamado Distributed Electronic Cosmic-ray Observatory(DECO), foi desenvolvido para converter os teléfonos móbiles en detectores de muones, partículas secundarias que se producen cando os raios cósmicos procedentes do espazo impactan contra a atmosfera.

Os investigadores pensan que os raios cósmicos se orixinan no interior de afastados buratos negros, ou quizais son o produto da morte violenta de estrelas en forma de supernovas. De feito, resulta moi complicado determinar a súa orixe con exactitude, xa que as súas traxectorias no espazo non son rectas, senón que se desvían cada vez que se encontran cun campo magnético.

A nova app chámase DECO (o mesmo nome que o proxecto), e por agora funciona sobre teléfonos con sistema operativo Android, aínda que se está a desenvolver unha versión para iPhone.

No hay comentarios:

Publicar un comentario