O lugar é moi coñecido polas súas «pedras viaxeiras» ou «pedras rodantes» un estraño fenómeno xeolóxico.
Son rochas que se moven lentamente pola superficie da praia, deixando un rastro tras de si, sen intervención ningunha de humanos ou animais. Non parece que o vento, aínda que moi intenso na rexión, sexa por si só o responsable, xa que hai rochas de máis de 300 kg que necesitarían ventos de case 300 km/h para moverse. As rochas que posúen superficies irregulares deixan sucos estriados e as que mostran superficies máis suaves simplemente deslízanse. En ocasións unha rocha dáse a volta, expoñendo ao chan unha parte diferente de si mesma e modificando así o tamaño e o aspecto do rastro que deixa.
Estas pedras sempre estiveron rodeadas de misterio e de explicacións máis ou menos fantásticas. Os nativos da zona consideraban que eran impulsadas por espíritos. Os primeiros exploradores e buscadores de ouro que observaron o fenómeno achacárono a un impreciso "campo magnético terrestre" ou outro tipo de forza pseudocientífica. Tamén se insinuou ás veces que son mera obra de bromistas.
Un equipo de científicos estadounidense resolveu o misterio das pedras que se moven 'soas' no lago seco coñecido como Val da Morte, en California. Trátase da primeira vez que unha persoa puido observar este fenómeno en directo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario