O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relevo da Terra. Os continentes son menos densos que o manto, e tamén que a codia oceánica. Cando a codia continental se prega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Rematado o ascenso, comeza a erosión. Os materiais deposítanse, co tempo, fóra da cadea montañosa, co que esta perde peso e volume. As raíces ascenden para compensar esta perda deixando en superficie os materiais que estiveron sometidos a un maior proceso metamórfico.
Un exemplo real e actual é a subida da masa continental escandinava por mor do desxeo dos glaciares nesa zona do Planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario