SLIDER

sábado, 4 de octubre de 2014

Crean a primeira batería solar do mundo


O dispositivo creado por investigadores da Universidade de Ohio State é unha célula solar e, ao mesmo tempo, unha batería recargable. Ou, como eles a definiron nun artigo publicado en Nature Communications, é a primeira batería solar do mundo.

As claves para ter desenvolvido esta batería solar, que se recarga con nada máis que luz e aire, son, primeiro, un panel de malla solar que permite que o aire poida penetrar na batería, e segundo, un proceso especial para tranferir electróns entre o panel solar e o electrodo da batería. No interior do dispositivo, a luz e o osíxeno permiten diferentes reaccións químicas que cargan a batería.

A invención tamén resolve un problema de moitos anos en canto á eficiencia da enerxía solar, eliminando a perda de electricidade que normalmente se produce cando os electróns teñen que viaxar entre unha célula solar e unha batería externa. Polo xeral, só o 80 por cento dos electróns que saen dunha célula solar acaban chegando á batería. Con este novo deseño, a luz convértese en electróns dentro da batería, polo que case o 100 por 100 é almacenado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario