Investigadores da Universidade do Sur de Dinamarca crearon un novo material cristalino capaz de absorber e almacenar grandes concentracións de osíxeno. Un só cubo de 10 litros podería deixar sen aire un cuarto.
A simple vista, parece o enxeño diabólico do inimigo dalgún superheroe ou unha sofisticada arma militar, pero o seu propósito vai por outro lado. Este material pode liberar o osíxeno atrapado cando e onde se necesite, de forma que, por exemplo, podería axudar a pacientes pulmonares que agora se ven obrigados a levar pesados tanques para respirar, ou aos afeccionados ao submarinismo que tamén os cargan nas súas costas. En vez desa pesada «mochila», esas persoas só terían que portar enriba uns gramos.
Segundo os investigadores, o material pode absorber e liberar osíxeno moitas veces sen perder a súa capacidade, da mesma forma que traballa unha esponxa. A liberación do osíxeno prodúcese mediante o quentamento suave do material ou someténdoo a baixas presións. «Agora preguntámonos se a luz tamén pode ser utilizada como un disparador para que o material libere o osíxeno, o que ten perspectivas no crecente campo da fotosíntese artificial,» apuntaChristine McKenzie, responsable do estudo.
O compoñente clave do novo material é o cobalto, que se une nunha molécula orgánica especialmente deseñada. «O cobalto dá ao novo material a estrutura molecular e electrónica que lle permite absorber o osíxeno do seu ámbito. Este mecanismo é ben coñecido de todos os seres que respiran na terra: Os seres humanos e moitas outras especies utilizan o ferro, mentres que outros animais, como os cangrexos e as arañas, usan o cobre. Pequenas cantidades de metais son esenciais para a absorción do osíxeno, polo que en realidade non é de todo sorprendente ver este efecto no noso novo material,» explica McKenzie.

No hay comentarios:
Publicar un comentario