SLIDER

jueves, 23 de octubre de 2014

Foto do día


O sol disfrázase de Samaín

A NASA publicou esta curiosa foto do Sol, na que as súas rexións enerxeticamente máis activas lle dan á estrela a misteriosa aparencia dunha cabaza de Samaín. Non se trata de nada máis alá dunha simple e divertida curiosidade potenciada por técnicos da NASA a través da combinación de dous tipos de lonxitudes de onda -de 171 e 193 Angstroms- que tenden ao dourado ao ao amarelo, para darlle unha aparencia aínda máis acorde a Halloween. A fotografía obtívose grazas a unha serie de imaxes tomadas o pasado 8 de outubro polo Observatorio de Dinámica Solar (SDO) da axencia espacial estadounidense.

Pica na imaxe para vela máis grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario