SLIDER

miércoles, 29 de octubre de 2014

Unha nova especie humana en China?


Son apenas uns poucos restos, un maxilar infantil e varios dentes encontrados no depósito de Xujiayao, no norte de China, pero para un grupo de investigadores chineses e españois poden ser a clave da existencia dunha especie humana descoñecida ata agora que habitou Asia hai entre 60.000 e 120.000 anos.

O equipo, que publicou as súas conclusións na revista American Journal of Physical Anthropology, di que a análise detallada da morfoloxía dental destes fósiles pon de manifesto que os seus donos compartían trazos tanto cos neandertales coma cos representantes máis primitivos do Homo erectus asiático, e estaría fóra da variabilidade da nosa propia especie, o Homo sapiens.

María Martinón-Torres e José María Bermúdez de Castro, do Grupo de Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), apuntan a posibilidade de que se trate dun homínido aínda non descrito e que tería coexistido no tempo con humanos modernos e neandertales durante o Plistoceno Superior

No hay comentarios:

Publicar un comentario