Os Glaciares. Axente erosivo do Sistema Morfoclimático Glaciar
O glaciar é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación. Consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.
Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario