SLIDER

viernes, 3 de octubre de 2014

Descobren miles de novas montañas no fondo do mar


Utilizando datos aínda sen analizar de varios satélites, un equipo de investigadores do Instituto Scripps de Oceanografía conseguiu elaborar un novo mapa dos fondos oceánicos do planeta, moito máis detallado e preciso que calquera dos existentes
A nova cartografía revela con detalle as estruturas que repousan nas zonas oceánicas máis profundas e menos exploradas. O traballo publícase esta semana en Science.

O resultado son miles de montañas submarinas cuxa existencia se descoñecía ata agora, e novas pistas sobre a formación dos continentes. O novo mapa ten o dobre de detalle que a versión anterior deste, completada fai xa case dúas décadas.

Elaborado grazas a un novo modelo informático que captura datos gravitatorios do fondo oceánico, o novo mapa xurdiu dos datos achegados polo satélite CryoSat-2, da Axencia Espacial Europea, cuxo obxectivo principal é a observación dos polos, pero que opera continuamente sobre os océanos do mundo; e tamén do satéliteJason, da NASA, que foi reprogramado para medir con detalle o campo gravitatorio terrestre durante o seu duodécimo e último ano de misión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario