A finais da Era Primaria producíronse movementos tectónicos e oroxénicos chamados en conxunto oroxenia hercínica (ou pregamento herciniano), de grande intensidade. Tras eles, os territorios occidentais da Península adquiriron unha fisionomía semellante á actual. Polo norte, este e sur estendíase o mar deTetis. O relevo así formado tomou a dirección armoricana (nome da antiga Bretaña francesa) de NON-SUESTE.
O pregamento herciniano afectou a grandes masas de sedimentos que se transformaron en lousas, cuarcitas e formacións graníticas. Toda esta actividade magmática deu lugar tamén a filóns de minerais como chumbo, mercurio, pirita, etc., que son a base principal da riqueza mineira da península. Este movemento afectou a toda Europa e deu lugar, entre outros, ao Macizo Central e a Selva Negra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario