jueves, 30 de octubre de 2014
Científicos italianos logran que o cobre «roce» o cero absoluto
O laboratorio Gran Sasso del Instituto Italiano de Física Nuclear anunciou todo un récord mundial. Os científicos lograron levar un metro cúbico de cobre que pesa 400 quilos a unha temperatura próxima ao cero absoluto (-273,15 graos celsius).
O material alcanzou unha temperatura de 6 milikelvins (-273,144), moi preto do cero absoluto (0 na escala de Kelvin). O Instituto afirma que se trata dun récord mundial para un corpo dese volume e peso. A masa de cobre refrixerada foi o metro cúbico máis frío do Universo durante os máis de 15 días que durou o experimento, segundo din dende o laboratorio.
O experimento realizouse no marco do proxecto Cuore (Observatorio crioxénico subterráneo de eventos raros), segundo indicou o Instituto nun comunicado. O metro cúbico de cobre encerrouse nun crióstato que, segundo Angelo Nucciotti, profesor de física nuclear na Universidade de Milán, e encargado deste, é único no mundo polas súas dimensións, temperaturas extremas e poder de refrixeración, ademais de polos seus materiais seleccionados e técncas de construción que garanten niveis moi baixos de radiactividade.
Cuore é unha colaboración internacional que participaron uns 130 científicos principalmente de Italia, EUA, China, España, e Francia. É un experimento que se está a construír no laboratorio subterráneo INFN Gran Sasso para estudar as propiedades dos neutrinos e outras partículas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario