O proxecto ‘Galicia Alimentación Atlántica‘ (Galiat) está está a piques de rematar a súa primeira fase, a experimental. Un total de 135 familias galegas sometéronse desde o mes de abril a unha dieta atlántica con produtos do país. Ó mesmo tempo, outro grupo control alimentouse combinando calquera alimento. Os investigadores esperan determinar as vantaxes para a saúde da dieta propia de Galicia, con produtos como os grelos, que teñen demostrado a súa potencialidade anticanceríxena. Ou o caldo galego, as berzas, o mexillón, o peixe, o viño albariño ou o aceite de oliva da comunidade.
135 familias forman parte do grupo de intervención e outras 135, do de control. A adscripción a un ou outro realizouse mediante un sistema informático aleatorio. Ás familias do grupo de intervención recibiron alimentos como mexillóns das rías, grelos e verzas, queixo cremoso desnatado, aceite de oliva producido en Galicia e viños albariño e mencía a fin de comprobar a eficacia biosaludable da dieta tradicional.
Os beneficios da dieta atlántica teñen sido investigados con intensidade nos últimos anos. A profesora de Pediatría da USCRosaura Leis Trabazo afirma que é “saudable e bioactiva con importantes repercusións para a saúde e para o benestar da poboación, desde a infancia á ancianidade”. A tamén coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica do CHUS, salienta que un “envellecemento saudable require duns hábitos de alimentación,actividade física e inactividade adecuados desde idades moi temperás, incluso desde o período previo á concepción, polo que a atención da muller en idade fértil e durante o embarazo é prioritaria, así como a do neno desde o nacemento”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario