SLIDER

viernes, 24 de octubre de 2014

Tema 3 Bioloxía 3º ESO


Ao longo do Tema 3 estudaremos o Aparato Dixestivo e Respiratorio ambos involucrados no proceso da dixestión dos alimentos.

Como presentación do Tema déixovos estas curiosidades sobre o Ap. Dixestivo:

  • A comida pasa de 3 a 5 horas no estómago e de 6 a 20 no intestino groso.
  • Cando tragamos, unha tapadeira chamada epiglote cobre a traquea para impedir que a comida poida entrar ao aparato respiratorio.
  • No estómago caben entre medio litro e 2 litros de alimento.
  • Producimos diariamente entre litro e litro e medio de saliva. A función da saliva é envolver ao alimento e facelo máis suave para que cando pase ao estómago, non esgace as súas paredes.
  • Se estirásemos o intestino delgado, este chegaría dunha punta a outra da clase, xa que ten por termo medio, uns 6,5 metros. O intestino groso só ten 1,5 metros.
  • Podemos resistir 7 días sen comida, pero só 48 horas sen auga.
  • Os dentes están recubertos de esmalte, que é a substancia máis dura que os animais fabrican.
  • Temos 32 dentes, dos cales 8 son incisivos (para cortar), 4 caninos ou cairos (para esgazar). 8 premolares e 12 molares (para mastigar).
  • Case a metade da auga que bebemos a expulsamos a través da respiración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario