SLIDER

viernes, 10 de octubre de 2014

Micoloxía. A ciencia dos fungos

Micoloxía é a ciencia que estuda os fungos. Os micólogos pescudan a Taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.


Chega o outono e con el, os cogomelos afloran nos campos. As aínda suaves temperaturas fan que esta época do ano sexa ideal para gozar de paseos por zonas rurais, e de paso, internarse no mundo da micoloxía. Pero saír en busca de cogomelos require unha rutina. O primeiro, e no que coinciden todos os expertos, é que ante a dúbida de se é comestible ou non, hai que deixala no monte. Non se poden correr riscos, e é que o máis recomendable é saír sempre acompañado de alguén que coñeza moi ben este mundo.

Galicia é unha das zonas máis aptas para a recollida de fungos, un punto clave grazas á súa característica paisaxe. Conta cunhas 2.000 cogomelos clasificadas, cunhas propiedades alimenticias comparables ás dos vexetais, noventa por cento de auga, ricas en proteínas vexetais e calcúlase que o seu valor nutritivo é maior que o dos legumes. Isto unido á gran variedade de especies fai do cogomelo un alimento completo, prezado e desexado. Á hora de recollela é importante facelo en boas condicións.






No hay comentarios:

Publicar un comentario