martes, 11 de noviembre de 2014
Os minúsculos vampiros que están ao teu lado sen que o saibas
Os vampiros aos que me referiro son organismos unicelulares chamados Vampyrellida, que atacan a todos os organismos unicelulares e mesmo a animais moito máis grandes ca eles, como por exemplo vermes.
Son voraces, antigos e, segundo dous estudos recentes, están por todas as partes.
As "amebas vampiro" foron descritas por primeira vez en 1865 polo biólogo ruso Leon Semenowitj Cienkowski, un dos fundadores da microbioloxía.
El descubriu criaturas unicelulares dunha cor vermella brillante, semellantes ás amebas, que atacan ás algas perforando as súas paredes celulares para extraer os seus contidos.
Como o seu comportamento o recordaba o dos vampiros da tradición popular decidiu chamalas Vampyrella.
Sabemos agora que non só atacan ás algas. Algunhas especies poden atacar fungos ou mesmo animais multicelulares, especificamente os nematodos.
Se non hai suficiente comida, as células dalgunhas especies poden fusionarse con outras para formar estruturas máis grandes. Estas poden chegar máis lonxe para buscar alimentos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario