Unha luva, parafusos e 70.000 gotas radiactivas: este lixo flota no espazo
Aínda que o lixo espacial non representa un perigo para o noso planeta, si o é para aqueles seres humanos que viaxan ao espazo exterior e para os artefactos e naves que levamos aí arriba. A medida que pasa o tempo, ese risco vai en aumento de forma exponencial. O lixo ou ferralla espacial son os refugallos de todas as misións espaciais que saíron da Terra cara a outros planetas e tamén aqueles restos de satélites de experimentos ou de explosións que permanecen en órbita arredor da Terra. O lixo espacial contén de todo: roscas, parafusos, 70.000 gotas radiactivas procedentes de combustible nuclear de misións soviéticas, a luva do astronauta Edward White, perdido en 1965, viaxando a unha velocidade de 28.000 km/h... Se a luva chegase a impactar co escafandro dun astronauta, desfaríaa. Iso si que é un verdadeiro guantazo.
Non se coñece na actualidade ningún método eficaz e económico para poder limpar o lixo espacial. Aqueles refugallos que están máis baixos de 500 km de altura poderían desfacerse na súa entrada á atmosfera cando estes rozasen coas capas máis altas. Pero unha limpeza natural deste tipo das órbitas contaminadas máis baixas podería levar centos de anos.
Outra posibilidade é detectar o lixo con radares e enviar unha nave, tipo camión lixo, para recollela, pero o custo sería enorme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario