SLIDER

martes, 13 de marzo de 2012

O Universo



Houbo un tempo en que crémonos uns privilexiados. Eramos o centro do Universo e todo estaba aí á nosa disposición. Pero a cosmoloxía chegou para baixar os fumes.

Aprendemos que só somos un planeta máis. Que o noso Sol é unha estrela de tantas e que a Vía Láctea é unha galaxia como outras moitas. Canto máis vemos do Universo máis pequenos facémonos. Pero non abonda con mirar ao ceo e marabillarse.

A aventura de descubrir o Universo require dunha Ciencia: a cosmoloxía.

O programa de TV "Tres catorce" preséntanos nunha reportaxe o noso Universo. Intenta responder a cuestións como: que é o Universo?, como é de grande?, cal foi e é a súa evolución?, cal é o seu destino?...etc.

O enlace do vídeo (PICA AQUÍ)

No hay comentarios:

Publicar un comentario