SLIDER

lunes, 12 de marzo de 2012

Un asteroide rozará a órbita da Terra en Febreiro de 2013

O Observatorio Astronómico de Mallorca informou nun comunicado de que un asteroide cruzará por debaixo das órbitas dos satélites xeoestacionarios o día 15 de febreiro de 2013, e que o seu impacto contra a Terra está completamente descartado.

O descubrimento do asteroide, denominado 2012 DA14, levouse a cabo o 22 de febreiro de 2012 dende a estación robótica de La Sagra, que está situada na serra granadina e pertence ao Observatorio Astronómico de Mallorca.

2012 DA14 é un corpo do tipo Apollo e ten unha órbita moi similar á da Terra, cun período orbital de 366,24 días, un día máis que o ano terrestre. A súa pequena excentricidade fai que se desprace en torno a ela durante as próximas décadas.

Durante a metade do ano móvese e acompaña interiormente á Terra, coa que se cruza para pasar á súa parte exterior o resto do ano.

A pesar de que non hai risco de impacto, a súa órbita desviarase de forma considerable pola gravidade terrestre, o que xerará certa incerteza...ler máis.



Vídeo da noticia:




Más vídeos en Antena3

No hay comentarios:

Publicar un comentario