miércoles, 21 de marzo de 2012
Novo atlas do universo infravermello
O telescopio espacial de infravermellos Wide-field Infrared Survey Explorer (WISE) da NASA acaba de facilitar un mosaico de imaxes que permiten xerar un novo mapa do universo.
Aínda que o ceo nos rodea en tres dimensións, pódese proxectar en 2 D mediante técnicas cartográficas.
Tres das catro lonxitudes de onda que detecta WISE utilizáronse para xerar a imaxe final. O ciano (azul-verdoso) representa a luz emitida principalmente por estrelas e galaxias nunha lonxitude de onda de 3,4 microns (Un micrómetro equivale a unha milésima de milímetro).
Pola súa parte, o verde e o vermello representan a luz que emite o po cósmico a 12 e 22 microns, respectivamente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario